Вааса (ru) dende 1917 Николайстад (ru) dende 1855ata 1917 Ваза (ru) dende 1611ata 1855 Муссор (ru) dende 1606ata 1611
Nome orixinal
Vaasa (fi) Vasa (sv)
Nome oficial
Vaasan kaupunki (fi) dende 1917 Vasa stad (sv) dende 1917 Nikolaistad (sv) dende 1855ata 1917 Nikolainkaupunki (fi) dende 1855ata 1917 Wasa (sv) dende 1611ata 1855 Mussor (sv) dende 1606ata 1611
Vaasa (en suecoVasa) é unha cidade de Finlandia situada no oeste do país, na rexión de Ostrobotnia, sendo a capital da rexión. Segundo o censo de 2012, a cidade tiña unha poboación de 60.996 habitantes.[1]
A historia de Korsholm ("Illote da Cruz, Mustasaari en finés) e de Vaasa comezou no século XIV, cando exploradores da rexión desembarcaron na actual Antigua Vaasa. A mediados do século construíuse a igrexa de Santa María, e en 1370 o forte de Korsholm, o Crysseborgh, foi tomado e serviu como centro administrativo do Condado de Vaasa. O rei Carlos IX de Suecia fundou o 2 de outubro de 1606. En 1611 foi rebautizado en honor á Casa Real de Vasa.
Grazas á súa proximidade ao mar e grande actividade comercial, Vaasa converteuse nun importante centro industrial no século XVII e a súa
poboación incrementouse.