Saltar ao contido

Exeter

Exeter
 Nome orixinal
   City of Exeter (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Logotipo
Imaxe
Fotomontaxe
Implicados
 Membro de
Historia
 Acontecementos importantes
 Historia
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   124.180 (2016) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
27,3 km²
47 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   7 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postalEX1-EX6 Editar o valor en Wikidata
VIAF312788881 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02m__ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Exeter é unha cidade do Reino Unido localizada na rexión suroeste da Inglaterra, capital do condado de Devon. Conta cunha poboación de 117.600 (estimativa de 2005). O río Exe pasa pola cidade.

Edificios principais

[editar | editar a fonte]

Entre os edificios máis notables atópanse:

  • A Catedral de Exeter, adicada a San Pedro, foi fundada en 1050 cando o bispado se mudou dende a cidade próxima de Crediton (lugar de nacemento de San Bonifacio) en busca dunha maior protección, que lle outorgaba a muralla romana de Exeter, contra os piratas, probablemente viquingos. O edificio actual foi completado ao redor do ano 1400. Unha estatua de Richard Hooker, teólogo anglicano do século XVI, nado en Exeter, eríxese ao carón da catedral.

A catedral foi comenzada no estilo normando, de aí a torre cadrada e comezo dos seus muros, continuado polo estilo gótico decorativo, similar á catedral de Salisbury.

  • As ruínas do Castelo de Rougemont, construído pouco despois da conquista normanda. Algunhas partes máis modernas do castelo estiveron en uso ata principios de 2006 coma edificio dos xulgados. Unha placa lembra que en 1685 estivo presa Alice Molland, a derradeira persoa executada por bruxería en Inglaterra.
  • "Guildhall", o edificio municipal en uso, máis antigo de Inglaterra.
  • "The Guild of Tuckers and Weavers".
  • "The Custom House", edificio de ladrillo máis antigo da cidade.
  • "St Nicholas Priory" en Mint Lane.
  • Distintas igrexas medievais, entre as que se atopa St Mary Steps que ten un salientable reloxo.
  • "The House That Moved", un edificio de estilo Tudor do século XIV, gañou o seu nome en 1961 cando foi trasladado dende o seu lugar orixinal nun curruncho da Edmund Street para deixar espazo para a construción dunha nova estrada.
  • "Parliament Street" no centro da cidade, da que se di que constitúe unha das rúas máis estreitas do mundo.

Moitos destes edificios están construídos en arenito vermello, que dá o seu nome ao castelo e ao parque que o rodea.