Planes Hosting
-
-50 %
Correo
Correo profesional co teu propio dominio
- 50 GB Espazo en disco
- Transferenza ilimitada
- 10 Cuentas de correo
- Discos NVMe, máxima velocidade!
- Antispam e Antivirus en tempo real
- Integración de ferramentas de IA
- Envío seguro de arquivos grandes
- Galería de fotos e vídeos
- Soporte Técnico 24/7 no teu idioma
- Webmail con Groupware
- Copias de seguridade gratis
- Garantía de reembolso: 30 días
- Certificación Green Hosting
-
-50 %
Básico
Hosting económico e sinxelo
- 50 GB Espazo en disco
- Transferenza ilimitada
- 20 Cuentas de correo
- Discos NVMe, máxima velocidade!
- Próbao gratis e paga ao publicar a túa web!
- Antispam e Antivirus en tempo real
- WordPress, PrestaShop, etc. a escoller
- Dispoñible creador de sitios web con IA
- Soporte Técnico 24/7 no teu idioma
- Webmail con Groupware
- Copias de seguridade gratis
- Certificado SSL gratis xa preinstalado
- FTP e SSH (+Git)
- CDN dispoñible
- Garantía de reembolso: 30 días
-
-75 % O máis vendido
Avanzado
O hosting para webs profesionais
- 100 GB Espazo en disco
- Transferenza ilimitada
- Contas de correo e chat ilimitadas
- Discos NVMe, máxima velocidade!
- Próbao gratis e paga ao publicar a túa web!
- Antispam e Antivirus en tempo real
- WordPress, PrestaShop, etc. a escoller
- Dispoñible creador de sitios web con IA
- Soporte Técnico 24/7 no teu idioma
- Webmail con Groupware
- Copias de seguridade gratis
- Contorna de staging
- CDN dispoñible
- FTP e SSH (+Git)
- Garantía de reembolso: 30 días
-
-50 %
Multihosting
5 hostings con paneis independentes
- 100 GB Espazo en disco
- Transferenza ilimitada
- Contas de correo e chat ilimitadas
- Discos NVMe, máxima velocidade!
- Próbao gratis e paga ao publicar a túa web!
- Antispam e Antivirus en tempo real
- WordPress, PrestaShop, etc. a escoller
- Dispoñible creador de sitios web con IA
- Soporte Técnico 24/7 no teu idioma
- Webmail con Groupware
- Copias de seguridade gratis
- Certificado SSL gratis xa preinstalado
- 5 sitios con correo e ilimitados sen correo
- CDN dispoñible
- Garantía de reembolso: 30 días
O teu hosting inclúe gratis
Cada plan de aloxamento que contratas na dinahosting inclúe as ferramentas necesarias para asegurares a fiabilidade e o rendemento da túa web.
Panel Dinahosting
Esquece as curvas de aprendizaxe! Traballarás cunha app única, completa e deseñada pensando en ti.
Escalabilidade garantida
Engade recursos cando tes picos de carga, migrar a un plan superior, ti decides. O teu hosting evoluciona contigo.
Hosting seguro con SSL gratis
Let's Encrypt gratis xa preinstalado! Para transmitir aínda máis confianza tes dispoñibles os certificados GlobalSign.
Backups Selfservice incluído
O teu hosting máis seguro. Restaura os teus ficheiros, cartafois, bases de datos ou contas de correo dende o teu Panel de Control!
Aplicacións autoinstalables
Decenas de aplicacións para instalar cun clic: WordPress, Joomla!, Drupal, PrestaShop e moitas máis.
O teu correo e chat con webmail
Xestiona o teu correo dende calquera lugar co noso Webmail de deseño propio con IA ou, se o prefires, elixe Roundcube. Próbaos!
Varnish Caché
A túa web a toda velocidade! Reduce o seu tempo de carga e mellora a experiencia de usuario. Próbao en WordPress.
Hosting máis rápido con NVMe
Os nosos servidores contan con discos SSD NVMe. Gañas en velocidade de transferencia e en fiabilidade para o teu hosting.
Dispoñible PHP 8.5
Xa nas nosas solucións administradas Linux e Windows. Máis rendemento e seguridade. Notarás o cambio!
Hosting en probas nun contorno real
Co noso hosting en probas poderás testear todas as funcionalidades do teu plan de aloxamento totalmente gratis. Fai probas nun contorno real durante o tempo que necesites, ata que consideres que a túa web está perfecta para ser visible ou para ensinarlla ao teu cliente. Non pagarás nada ata que a web sexa pública.
InterésameFerramentas gratuítas de seguridade para a túa web e correo
Aproveita todos os recursos que tes no Panel de Control e no Webmail para securizar o teu proxecto web e o teu servizo de correo.
Seguridade web
- Activa a Autenticación en 2 pasos no acceso ao teu Panel
- Dá accesos independentes ou secundarios a terceiros
- Configura permisos de acceso ás túas bases de datos
- Crea restricións de entrada por continente, país ou IP ao Panel ou a determinados cartafoles dentro do teu hosting
- Protéxete do Hotlinking mediante o bloqueo de accesos
- Escanea o teu hosting co detector de malware e comproba que está libre de virus
- Utiliza a ferramenta de staging no teu Hosting Avanzado para probar cambios na túa web antes de implementalos en produción.
- Todos os nosos hostings e servidores Linux protexidos por defecto cun firewall (WAF) que filtra o tráfico e bloquea accesos sospeitosos.
Seguridade correo
- Activa a Autenticación en 2 pasos no Webmail
- Define filtros e regras para eliminar o spam antes de que chegue ao teu buzón de correo
- Goza de TLS para cifrar as túas comunicacións por correo
- Usa DKIM para autentificar e asinar os teus emails electronicamente mediante claves
- Crea rexistros SPF para evitar suplantacións de identidade a través do correo electrónico
- Crea restricións de acceso a contas de correo por IP
O teu Green Hosting aloxado en España
Os nosos hostings e servidores contan con IP española para que obteñas unha maior velocidade e mellores o teu posicionamento SEO.
Ademais, ao escoller dinahosting, formas parte do noso compromiso coa sostibilidade e o coidado do medio ambiente. Estamos acreditados como Green Hosting grazas ao uso de enerxía 100 % renovable.
Windows ou Linux?
Windows
Escolle Windows só se vas executar aplicacións creadas coas linguaxes e os patróns de Microsoft: código ASP.NET e bases de datos SQL Server, ou similares. Por iso, a porcentaxe de proxectos online que utilizan Windows é moito máis baixa.
Linux
Se vas montar unha web ou traballar con aplicacións que utilicen a linguaxe PHP e bases de datos MySQL, como é o caso de WordPress ou PrestaShop, Linux é a túa mellor opción. A maioría de webs de Internet están montadas sobre un Hosting Linux.
Acelera a túa web coa nosa CDN
Unha CDN almacena na caché o contido da túa páxina web en múltiples servidores distribuídos por todo o mundo para que estean dispoñibles dende calquera punto. Cando un usuario visite o teu sitio, a nosa CDN entregará o contido dende o servidor máis próximo á súa localización, o que reduce significativamente o tempo de carga e mellora tanto a experiencia de navegación como a seguridade do teu servidor.
Saber máis
Proba o teu hosting a fondo. Paga só ao publicar a túa web
Configura a túa proba gratuíta de Hosting, próbao ao completo durante 30 días ampliables sen pagar nada e activa o teu hosting cando queiras publicar a túa web.
Gustavo González
Departamento de Desenvolvemento«Os nosos hostings están feitos para que crezan contigo e desenvolvemos continuamente novas ferramentas para multiplicar as túas posibilidades».
Móvete a dinahosting!
A túa web está noutra provedora? Trae o teu hosting a dinahosting e goza de todas as nosas vantaxes: aloxado en España, con discos NVMe ultrarrápidos, a máxima seguridade e rendemento... e 30 días de reembolso para maior garantía. Coa nosa ferramenta de portabilidade a migración é moi fácil, pero se o prefires, o noso equipo de Soporte encárgase de todo completamente gratis.
InterésameMáis para o teu hosting
-
Asesoría técnica
O noso equipo de soporte especializado mantén o teu hosting completamente optimizado e libre de malware.
Quero máis detalles -
Faite Reseller
Iníciate na reventa de dominios e hosting e accede a grandes descontos. Ideal para profesionais web.
Interésame -
SMS: fideliza aos teus clientes
Escolle entre os nosos paquetes de SMS ao mellor prezo. Envía ou programa as túas campañas de marketing dende o Panel.
Interésame -
Asesoría legal
Confía na nosa experiencia para resolver os teus asuntos de transcendencia legal relacionados con Internet.
Quero máis detalles
FAQ
-
Quero traer a miña web para dinahosting, como o fago?
-
Virte a dinahosting é moi fácil coas ferramentas de portabilidade que desenvolvemos para ti, pero se prefires aforrarte ese proceso, encargámonos gratis de toda a migración da túa web. Tan só contáctanos e poñémonos mans á obra.
Se, en cambio, prefires realizar a migración pola túa conta, estes son os pasos que debes seguir:
Paso 1: activa o hosting que vas usar
Escolle un hosting que se adecúe ás necesidades da túa web: se require ou non programación ou que versión de MySQL ou PHP necesitas. Recorda que podes solicitar unha proba gratuíta e ampliala o tempo que necesites. Paga cando a túa web estea lista
Paso 2: reúne todos os datos
Ten a man os datos de acceso por FTP, de bases de datos e do acceso por POP3 ou IMAP ao teu correo. Se non os tes, deberás pedirllos á túa empresa de hosting anterior.
Paso 3: inicia a portabilidade
Entra no Panel de Control da dinahosting e solicita a portabilidade servizo a servizo cos datos de acceso. Se te atrancas, non te preocupes! Avísanos porque che podemos botar unha man.
Paso 4: momento de comprobar
Unha vez que os procesos finalicen, só che resta verificar que todo funciona correctamente. Se se trata dunha páxina dinámica é probábel que teñas que revisar os ficheiros de configuración.
-
Que plan de hosting necesito?
-
Se queres montar unha web sinxela ou estática opta por un Hosting Básico. Para desenvolvementos máis profesionais e que precisan un maior rendemento, faite con un plan Avanzado. Bótalle un ollo ás nosas ofertas en Hosting para WordPress si queres sumar funcionalidades e que sexa máis fácil a creación da túa páxina.
Por outro lado, se necesitas aloxar varios sitios web recomendámosche un Multihosting.
Para máis potencia, flexibilidade e escalabilidade contrata un dos nosos servidores. Agora tamén dispoñemos de opcións para computación con GPU!
-
En que consiste o hosting en probas?
-
Proba o teu hosting durante 15 días nunha contorna de probas real e sen necesidade de dar os teus datos de pago.
No caso de que necesites seguir probándoo ou se a túa web non está lista, podes ampliar a proba de 30 en 30 días ata a súa publicación. Monta a túa web nunha contorna real e paga só cando a termines.
-
Que opcións teño co voso servizo de Backups?
-
Todos os servizos administrados contan cunha ferramenta para recuperar backups. Restaura un ficheiro, cartafol, BBDD ou email ao estado que tiña en calquera punto dos últimos 30 días. Faino desde o teu Panel de Control: fácil e seguro!
-
Como configuro un cliente de correo?
-
Configurar unha conta de correo é sinxelo. Nestas guías explicámosche, paso a paso, como configurar as túas contas nos principais xestores: Outlook, iOS, Android, Gmail, etc.
-
Como modifico a configuración do meu hosting?
-
Coa ferramenta para migrar o teu servidor do teu Panel de Control poderás realizar as seguintes accións sobre o teu hosting:
- Cambiar a configuración do teu hosting.
- Cambiar de Plan de Hosting.
- Mover o teu hosting para (ou desde) un Multihosting, VPS, Dedicado ou Cloud Hosting.
Podes elixir a data e hora en que se efectuará o cambio e a conta de correo á que se enviará a notificación unha vez finalice o proceso. Por defecto iníciase no momento no que pulsas «migración de servidor!»
Explicámosche como funciona a migración de servidor.
-
Aviso legal gratis para o teu hosting
-
Ofrecémosche, totalmente gratis, un aviso legal tipo para incluír na túa páxina e cumprir así cos requisitos básicos que establece a LSSICE. Ademais, temos á túa disposición documentos adaptados ás características da túa web e un servizo de asesoramento xurídico especializado en Internet. Visita A túa Web Legal para ampliar a información.
-
En que consiste o período de garantía de 30 días?
-
Se deches de alta calquera dos nosos plans de Hosting dispós dun período de 30 días de garantía para cancelar a contratación. Reembolsarémosche o importe en saldo que poderás cambiar por outros produtos de dinahosting ou ben devolverémosche o diñeiro no método de pagamento que usaches para realizar a compra.
-
Se quero crear unha tenda online, que hosting elixo?
-
Temos plans específicos de WordPress con WooCommerce e PrestaShop cos que podes crear facilmente a túa tenda online en minutos. Ademais, poñémoscho fácil cos nosos titoriais de axuda.
-
Se se exceden os recursos do meu hosting compartido, caerase a miña web?
-
En dinahosting sempre priorizamos o rendemento da túa web para que en ningún caso se vexa afectada, incluso cando os recursos do hosting compartido superan os límites establecidos.
Internamente o noso equipo encárgase de balancear as cargas dos servidores para que os excesos de consumo non inflúan nas diferentes webs que comparten aloxamento.
No caso de que excedas co teu hosting os recursos que teñas asignados, notificaráseche por correo para que poidas revisalo ou migrar a un plan superior. Aquí contámosche máis.
-
Como funciona a vosa CDN?
-
A nosa CDN realiza copias na caché dos arquivos do teu hosting para que unha rede de servidores distribuídos por todo o mundo poida ofrecer os contidos da túa páxina web dende calquera punto. O servidor máis próximo ao usuario que a visite será o que facilite a información, evitando que o servidor principal se sobrecargue.
Contas con tres plans de CDN baixo a modalidade prepagamento (20 €, 50 € e 100 €) para que elixas o que máis se adapte ás necesidades do teu proxecto, en función do consumo real de solicitudes que fagan os usuarios da túa web.
Trátase dun servizo adicional que podes contratar dende o teu Panel de Control de dinahosting, en Hosting > Ampliacións> CDN. Logo accede a el dende a interface de Hosting > Utilidades > CDN, onde podes consultar o consumo diario e a transferencia de datos, etc. Aquí tes toda a información detallada.
-
Como funciona o entorno de staging?
-
O staging é unha copia do contorno de produción da túa páxina web onde podes probar os cambios que queiras, tanto en deseño coma no contido, de forma segura e sen que afecte á experiencia de usuario.
Estes cambios estarán visibles nun contorno independente. Aproveita para facer actualizacións, axustes de deseño, melloras de seguridade, corrección de erros... nunha versión de probas que actúa como un clon. Desta maneira, asegúraste de que os teus cambios non entren en conflito co teu sitio web real unha vez os despregues e evitas que se produza algún tempo de inactividade.
Se tes un Hosting Avanzado, podes crear un staging dende o teu Panel de Control en Hosting > Utilidades > Staging.
O proceso é sinxelo: elixe o subdominio no que estará dispoñible o teu contorno de staging, selecciona o directorio sobre o que queres facer o staging (é dicir, a carpeta a clonar), e indica tamén a base de datos que queiras duplicar se a tes, para que funcione ben o teu proxecto no cortorno.
Os nosos partners
Somos partners de CISCO, Dell, Microsoft e moitas outras marcas de calidade e de profesionalidade contrastada.